Estás navegando en gallego. Si quieres puedes seguir Sálvora en castellano
Comezamos un cambio global e facémolo dende o mais fondo da beleza natural, o mar. Del extraemos de forma controlada algas de certificación ecolóxica e co seu extracto formulamos cosmética avanzada, natural, sostible e responsable.
Dos bosques mariños da costa galega, nace unha nova xeración de alta cosmética natural e sostible, respetuosa co entorno mariño e as persoas.
Xa os nosos antergos coñecían diferentes usos das algas. En Sálvora xuntamos a sabedoría da tradición con avanzadas tecnoloxías para a extracción de bioactivos das algas das nosas costas.
A colleita faise manualmente, unicamente en zonas autorizadas do entorno das Illas Atlánticas de Galicia, promovendo así una economía azul e sostible. A materia prima ten certificación de agricultura ecolóxica local.
Distribuidor para canal farmacia en España: info@celtalga.com
A recolección da materia prima conta cos estándares máis altos en desenvolvemento sostible.
Só produtos naturais. Sen siliconas, derivados do petróleo, sulfatos nin perfumes sintéticos.
Investigación continua e desenvolvemento sostible. Novo proceso e ingredientes bioactivos patentados.
Produtos biodegradables. Os nosos ensaios e tests son respectuosos co entorno.
Envase TAG ‘Techno Airless Glass.’ De acordo con normativa ‘Ecocert’ e ‘Cosmos’.
As persoas implicadas na nosa produción comparten condicións de traballo dignas.
Experimenta a profunda enerxía e vitalidade do océano Atlántico
Toda a riqueza do mar concentrada
nunha crema antirradicais libres.
Textura lixeira, sen brillos.
Maior elasticidade e
luminosidade na pel
Primeira crema antiedade natural
con extractos AN-antiox de algas
do entorno das illas Atlánticas.
Crema antiedade lixeira e fresca, con mais contido de extracto de Ascophyllum nodosum* para unha maior protección.
*Ensaios ‘in vitro’ verifican a súa eficacia na protección doa compoñentes que dan turxencia á nosa pel, coma a elastina e o ácido hialurónico.
Rexeneración intensa
Aspecto visiblemente
máis xove
Bioactivos mariños ó servizo das persoas e o medio ambiente.
As nosas vías de investigación céntranse nos extractos mariños de algas para a obtención de produtos 100% naturais, con propiedades testadas.
Os ensaios ‘in vitro’ son feitos polo laboratorio independente INVITROTECNIA, acreditado pola AEMPS (Agencia Española del Medicamento y Protección de la Salud). Os datos obtidos confirman a bioactividade do extracto AN-Antiox (Ascophyllum nodosum). O resultado: inhibe a acción de encimas relacionadas co envellecemento da pel.
As algas da costa galega, especialmente ricas en nutrientes e minerais esenciais, son o noso principal activo. Delas obtemos o seu extracto en frío, mediante unha tecnoloxía de ultrasóns avanzada.
Recolleita sostible
A materia prima recolléitase manualmente mediante inmersións controladas*.
* Entorno do Parque Nacional Marítimo - Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (España).
Secado e trituración
As algas* son coidadosamente secadas e tratadas para o seu pulverizado e posterior envío ó laboratorio.
* Materia prima con certificación ecolóxica do CRAEGA Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Extracción
Os extractos obtéñense en frío mediante ultrasóns e auga. O proceso faise a temperatura ambiente ata unha temperatura máxima de 40°C.
*Ascophyllum nodosum (INCI)
Extracto acuoso patentado nº. ES2441469B2
Formulación
Óptima combinación do noso extracto patentado con materias primas nobres de agricultura ecolóxica. Mesturado a unha temperatura respectuosa cos seus activos, empregando emulxentes e conservantes ecocertificables; incluso o aroma é un principio activo máis, aceite esencial con actividade dermatolóxica.
Compoñentes:
Principio bioactivo
Ascophyllum nodosum (extracto)
Ingredientes naturais
ecolóxicos e auga
Benvid@ a SÁLVORA. Benvid@ a unha nova xeración de beleza sustentable.
Cremos nas persoas e na infinita potencialidade da natureza, na beleza e o coidado consciente de que cada un de nós somos o que vivimos e amamos. Cremos firmemente en que todos e todas podemos aportar o noso gran de area para conseguir un mundo máis belo e sustentable.
Sálvora é a nosa primeira contribución a este cambio: ingredientes 100% naturais e orgánicos, con certificación ecolóxica. Un compromiso firme pola sustentabilidade, a investigación e o desenvolvemento responsable dunha nova cosmética natural.