Estás navegando en gallego. Si quieres puedes seguir Sálvora en castellano

A beleza do mar
que ha de cambiar
o planeta.

Comezamos un cambio global e facémolo dende o mais fondo da beleza natural, o mar. Del extraemos de forma controlada algas de certificación ecolóxica e co seu extracto formulamos cosmética avanzada, natural, sostible e responsable.

Sálvora. Cosmética natural elaborada a base de algas de certificación ecolóxica.
Sálvora. Alta cosmética natural e sostible

Dos bosques mariños da costa galega, nace unha nova xeración de alta cosmética natural e sostible, respetuosa co entorno mariño e as persoas.

A orixe

Xa os nosos antergos coñecían diferentes usos das algas. En Sálvora xuntamos a sabedoría da tradición con avanzadas tecnoloxías para a extracción de bioactivos das algas das nosas costas.

A colleita faise manualmente, unicamente en zonas autorizadas do entorno das Illas Atlánticas de Galicia, promovendo así una economía azul e sostible. A materia prima ten certificación de agricultura ecolóxica local.

Certificación de agricultura ecolóxica

Distribuidor

Distribuidor para canal farmacia en España: info@celtalga.com

Manifesto

Sostibilidade

A recolección da materia prima conta cos estándares máis altos en desenvolvemento sostible.

Natural

Só produtos naturais. Sen siliconas, derivados do petróleo, sulfatos nin perfumes sintéticos.

Innovación

Investigación continua e desenvolvemento sostible. Novo proceso e ingredientes bioactivos patentados.

Ecolóxico

Produtos biodegradables. Os nosos ensaios e tests son respectuosos co entorno.

Reciclable

Envase TAG ‘Techno Airless Glass.’ De acordo con normativa ‘Ecocert’ e ‘Cosmos’.

Responsabilidade

As persoas implicadas na nosa produción comparten condicións de traballo dignas.

Sálvora. Cosmética natural elaborada a base de algas de certificación ecolóxica.

As nosas cremas

Experimenta a profunda enerxía e vitalidade do océano Atlántico

Antiox &
Hidratante

Toda a riqueza do mar concentrada
nunha crema antirradicais libres.
Textura lixeira, sen brillos.

Crema hidratante e antirradicais libres.
Ideal para todo tipo de pel.
Formulada con extracto de alga Ascophyllum nodosum de orixe ecolóxica certificada.

Maior elasticidade e
luminosidade na pel

Eco friendly · Origen natural · Eco-envase

Antiaging

Primeira crema antiedade natural
con extractos AN-antiox de algas
do entorno das illas Atlánticas.

Crema antiedade lixeira e fresca, con mais contido de extracto de Ascophyllum nodosum* para unha maior protección.

*Ensaios ‘in vitro’ verifican a súa eficacia na protección doa compoñentes que dan turxencia á nosa pel, coma a elastina e o ácido hialurónico.

Rexeneración intensa
Aspecto visiblemente
máis xove

Eco friendly · Orixe natural · Eco-envase

Investigación

Bioactivos mariños ó servizo das persoas e o medio ambiente.

Sálvora. Cosmética natural elaborada a base de algas de certificación ecolóxica

As nosas vías de investigación céntranse nos extractos mariños de algas para a obtención de produtos 100% naturais, con propiedades testadas.

Os ensaios ‘in vitro’ son feitos polo laboratorio independente INVITROTECNIA, acreditado pola AEMPS (Agencia Española del Medicamento y Protección de la Salud). Os datos obtidos confirman a bioactividade do extracto AN-Antiox (Ascophyllum nodosum). O resultado: inhibe a acción de encimas relacionadas co envellecemento da pel.

Proceso

As algas da costa galega, especialmente ricas en nutrientes e minerais esenciais, son o noso principal activo. Delas obtemos o seu extracto en frío, mediante unha tecnoloxía de ultrasóns avanzada.

Algas colleitadas de forma sostible

Recolleita sostible

A materia prima recolléitase manualmente mediante inmersións controladas*.

* Entorno do Parque Nacional Marítimo - Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (España).

Secado e trituración das algas

Secado e trituración

As algas* son coidadosamente secadas e tratadas para o seu pulverizado e posterior envío ó laboratorio.

* Materia prima con certificación ecolóxica do CRAEGA Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Proceso patentado para la obtención del extracto acuoso de algas en frío

Extracción

Os extractos obtéñense en frío mediante ultrasóns e auga. O proceso faise a temperatura ambiente ata unha temperatura máxima de 40°C.

*Ascophyllum nodosum (INCI)

Extracto acuoso patentado nº. ES2441469B2

Óptima combinación de nuestro extracto patentado con materias primas nobles de agricultura ecológica

Formulación

Óptima combinación do noso extracto patentado con materias primas nobres de agricultura ecolóxica. Mesturado a unha temperatura respectuosa cos seus activos, empregando emulxentes e conservantes ecocertificables; incluso o aroma é un principio activo máis, aceite esencial con actividade dermatolóxica.

Compoñentes:

Principio bioactivo

Ascophyllum nodosum (extracto)

 

Ingredientes naturais
ecolóxicos e auga

Compromiso

Benvid@ a SÁLVORA. Benvid@ a unha nova xeración de beleza sustentable.

Cremos nas persoas e na infinita potencialidade da natureza, na beleza e o coidado consciente de que cada un de nós somos o que vivimos e amamos. Cremos firmemente en que todos e todas podemos aportar o noso gran de area para conseguir un mundo máis belo e sustentable.

Sálvora é a nosa primeira contribución a este cambio: ingredientes 100% naturais e orgánicos, con certificación ecolóxica. Un compromiso firme pola sustentabilidade, a investigación e o desenvolvemento responsable dunha nova cosmética natural.

Se estás interesado en obter máis información, accede dende EIQUÍ ou contacta directamente connosco.

Sálvora. Cosmética natural elaborada a base de algas de certificación ecolóxica
×

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas a navegar, consideramos que aceptas a nosa política de cookies